Cun pouco de retraso incluímos a entrada sobre a película Tron, debido a pequenos problemas técnicos... pero máis vale tarde que nunca, non?
Tron é un filme do ano 1982 producido por Disney e dirixida por Steven Lisberger Este é o primeiro filme que empregou imaxes dixitais creadas por ordenador para levar adiante boa parte das escenas do filme.
Nela participaron como ideadores dos entornos Syd Mean e Jean Giraud. Debido ó emprego que fixeron de medios ópticos tradicionais para crear boa parte dos entornos a película supuxo unha carga importante a nivel económico dada a laboriosidade do proceso e o custo de empregar moitos metros de filme cinematográfico.
Xa sabedes que o argumento xira en torno ó desexo de venganza de Flynn contra a empresa na que traballaba debido a que lle foron arrebatados o deseño de cinco videoxogos que supuxeron o éxito para o actual director da empresa.
Nun momento dado ten a oportunidade de introducirse nos equipos da empresa loita coa máquina por recuperar os arquivos que proban que él é o autor deses xogos. Na batalla cun ordenador presentado cun raciocinio humano éste dixitalízao e introdúceo no mundo virtual no que debe loitar para conseguir o seu obxectivo e sobrevivir.
Este filme foi pioneiro nun terreo que segue e seguirá a abordarse hoxe en día como é o da ciencia ficción e a animación de entornos dixitais, hoxe en día infinitamente máis desenvolvido do que estaba nese momento, no que a creación do filme supuxo un traballo tremendamente laborioso.
Ó comezo o filme é un pouco lento e non engancha demasiado, logo pasa a ser máis interesante cando Flynn se introduce no mundo dixital. Presenta algúns problemas de guión (por exemplo cómo é posible que os programas creados polos programadores se coñeceran entre eles do mesmo xeito que os programadores e non coñeceran a Flynn, xa que se as relacións entre programadores se reproduciran no mundo dixital deberían facelo de xeito máis coherente) pero o máis resaltable da película é a imaxe e a creación dos entornos virtuais.
Presenta un paralelismo entre o mundo real e o das máquinas plantexando os despachos como celdas e cuadrículas e presentando escenarios repletos de máquinas, por outra banda tamén constrúe o mundo dixital con visos do mundo real, tales como que a enerxía pura presente o aspecto de auga ou que o interior do ordenador teña unha caste de "edificios" onde se distribúe a información, pasando pola propia personalización dos programas de ordenador.
En resumo un filme interesante máis polo momento da súa creación e o que supón a nivel de creación por ordenador que polo ben plantexada que esté.
sábado, 22 de diciembre de 2007
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
1 comentario:
Gelatina os desea... FELIZ NAVIDAD!
Publicar un comentario