jueves, 24 de enero de 2008

Guía de estilo

Para a nosa páxina empregamos unha resolución de pantalla estándar de 1024x768. A escolla deste tamaño veu dada por ser o estándar máis xeralizado.

A páxina principal aparece tras unha introducción feita cunha animación de flash. Nela podemos ver un fondo interactivo no que aparece a cabeceira co nome da páxina e os diferentes enlaces, amáis dunha animación para darlle dinamismo ó entorno.
Os elementos básicos que a compoñen son:
- O título ou cabeceira
- A animación de flash
- Os cadros que dan acceso e amosan a imaxe específica de cada unha das seccións.
- Os botóns de flash que nomean cada unha das seccións que tamen enlazan a páxina principal con éstas.- No pé da páxina principal sitúase outro botón de flash que vai a levar a unha sección na que se incluirán as imaxes dos cadros, a felicitación do dictador.


As páxinas están estructuradas de tal xeito que se visualizan por completo nun primeiro golpe de vista. O scroll non aparece en ningunha das páxinas para dar unha maior sensación de impacto e para non perderse na navegación.

Tódalas páxinas están feitas con capas, prescindindo do uso de marcos e tablas. Isto é debido a gran cantidade de elementos en posicións que son independentes entre eles. Ademais os elementos ó seren uniformes non encadrarían ben en marcos nin tablas.

As cores son eléctricas, vivas e dispares. As cores tamén serven para situar ó espectador nas diferentes seccións xa que o entorno e cada sección vai estar definido pola imaxe que aparece no cadro que lle da paso e coa imaxe do mesmo.
Este emprego tan visual e chamativo vai en consoancia co estridente do contido (dado que é unha hostoria inventada) e con feito do impacto visual que provoca a falta de scroll. As cores chaman a atención evitando a perda de atención do visitante, amais de enfatizar o surrealimo da proposta: cores empregadas sen sentido aparente para unha historia sen sentido aparente.

No hay comentarios: