jueves, 24 de enero de 2008

Informe

O contido básico da páxina é unha ficción que se basea na hipótese de que Franco unha vez falece e descende ó inferno fai un pacto con Satán para volver a resucitar e impoñer o seu reinado na terra.
Como tal constitúese unha páxina puramente ficticia e de entretemento que non ten como obxectivo ser unha páxina apegada á actualidade, senón servir ó desenvolvemento dunha historia inventada que se constrúe nunha estrutura baseada no texto e en vídeos. Os vídeos empregan imaxes de arquivo que se dobran a fin de que estas pasen a ilustrar a historia. Verdadeiramente constitúense os elementos máis importantes e as principais aportacións creativas da páxina.

Antes de decidirnos por este tema sopesamos varios. Algúns deles foron:

Series de televisión da nosa infancia: plantexabamos un repaso das series de televisión dos anos noventa, esas que todos lembramos. Este repaso incluiría aspectos tales como os datos técnicos do equipo das series e o repaso das tramas e de fragmentos das mesmas e incluso o plantexamento a través de dobraxe de escenas alternativas.
Esta idea foi desbotada pola existencia de numerosos proxectos situados nesta liña mesmo á marxe dos propios proxectos postos en marcha polas televisións e produtoras das series.

Outra idea que se plantexou foi a de facer unha páxina sobre os récord Guiness. A páxina incluiría tanto información sobre os récords e a recopilación dos máis estraños e chamativos. Tamén aportaríamos a maiores contido audiovisual inventando novos récords moi absurdos que ilustraríamos coas imaxes da súa “consecución” feitas por nos mesmos. Esta idea no plantexaba a problemática da anterior, non había proxectos previos que abordaran esta cuestión, pero neste caso iso converítase nun hándicap xa que dificultaba moito a documentación sobre o tema e as posibles actualizacións debido á dificultade de obter información sobre esta cuestión.

Finalmente eliximos esta idea porque nos permitía crear a totalidade do contido. Permitía tamén a introducción de material audiovisual e a creación dun interfaz que fose diferente do esquema máis clásico e habitual da páxinas.
Isto permítenos non empregar o plantexamento con marcos máis habitual e prescindir do scroll para favorecer que a visualización de todos os elementos de cada páxina se poda facer nun só golpe de vista. Isto constitúe unha estrutura pouco habitual que só podíamos plantexar con este proxecto.
Outro elemento que xogou a favor da escolla desta idea é o feito de que non atopamos ningún proxecto previo que abordara esta temática desde un punto de vista tan surrealista. Isto permitíanos abordar unha cuestión que ninguén antes tratara e constituía a web como algo pouco habitual de tal xeito que nos parecía que isto podía xogar a favor do proxecto na medida en que aumentaba o atractivo do mesmo.

No hay comentarios: