jueves, 24 de enero de 2008

Informe2

O contido, pois, está perfectamente delimitado dende o plantexamento mesmo da construcción da páxina. Preséntase como unha estrutura dividida en seccións que serven ó desenvolvemento dunha historia totalmente ficticia que á súa vez xira en torno á creación dunha serie de vídeos empregando imaxes de arquivo que se dobran para cambiar o seu sentido e provocar un conxunto humorístico.
En definitiva é un produto de entretemento sen máis. Non ten, polo tanto, máis ambición que o de constituírse nunha web de entretemento como hai tantas na rede. Non precisa de actualizacións diarias porque non é un portal informativo, no momento en que a historia se amplíe terá lugar unha renovación total da páxina.

O público obxectivo sería esencialmente xente nova xa que o xeito de abordar a temática histórica é esencialmente distante xa que se empregan estas imaxes para facer unha web básicamente de humor e entretemento. É esa clase de material que chama a atención pola súa inusualidade pero que tampouco ten ningunha pretensión máis alá.

Para a páxina web o único orzamento que cabe a pena mencionar é o que se empregou para pagar a electricidade necesaria para os ordenadores e o da comida necesaria para manter ó equipo nas tardes de traballo.
Xa que a cantidade á que ascenderon estes gastos non é tan alta non empregamos ningunha clase de financiación.

No hay comentarios: