jueves, 24 de enero de 2008

Informe3

Os recursos técnicos empregados pasan por un pc no cal se editou toda a páxina e os vídeos. Empregáronse varios programas, Dreamweaver, Flash, Cubase, Vegas e Photoshop. Contamos tamén cun micro para introducir a voz das doblaxes.
Os recursos humanos non van máis alá dos membros do grupo, xa que non contamos con ningunha colaboración externa.

O contido está organizado en torno ás diferentes partes da historia que se dividen nas seccións principais. Estas seccións preséntanse na páxina principal xunto cunha sección na que se presentan descargas de imaxes e de sons. A planificación da estrutura da web responde, pois ó desenvolvemento dos diferentes momentos da historia que soporta a nivel de contidos a mesma.

A decisión de establecer a totalidade das páxinas sen scroll plantéxase pola cuestión de construír o entorno sen remitir claramente ó esquema máis clásico de navegación que se adoita realizar en páxinas cun scroll vertical. Neste caso queríamos plantexar a creación de diferentes entornos segundo o momento da historia que se narre pero reducindo ó mínimo a fragmentación do contido para que o visitante teña unha maior sensación de ser un espectador da historia e para evitar a tentación de interaccionar cun contido que non pode modificar.

As cores escollidas responde á intención de crear un entorno surrealista pero sen caer no que sería máis sinxelo neste caso, como é plantexar unha imaxe anticuada. Plantexamos, pois, un deseño máis actual na medida do posible. En cada sección predomina unha cor diferente, e isto trasládase, por suposto á páxina inicial que plantexa a imaxe das diferentes seccións. As cores non pertencen todas á mesma gama de cores para procurar unha imaxe estridente e hortera. O conxunto busca que a apariencia da páxina sexa desconcertante.

No hay comentarios: