jueves 24 de enero de 2008

Mäs guia de estilo

Escollemos unha tipografía sen enganches para facilitar a lectura, non obstante isto xa está favorecido pola inclusión do texto por riba dunha textura de xeito que a imaxe empregada de fondo en cada sección non dificulte a lectura.

As imaxes teñen un papel fundamental na estética da web:
- A imaxe de fondo ten como función principal situar o entorno nun ambiente terrorífico en consonancia coa historia narrada na páxina. Esta imaxe introdúcese en branco e negro para que o contraste cos cadros sexa maior.
- Na animación de flash inclúese unha imaxe de Franco inserta nun escudo. Isto ten a única función de situar claramente ó visitante na temática da páxina xa nunha primeira visión.
- Os cadros presentan imaxes que sintetizan o contido de cada unha das seccións da páxina web. Os marcos inclúense en diferentes cores polo mesmo tema da diferenciación de seccións. Os enlaces das imaxes presentan unha imaxe de sustitución en branco e negro.
- De feito na sección de material complementario ofrécese a posibilidade de descargar as imaxes para empregalas na decoración do ordenador do visitante.

O son ten a principal función de ambientar a páxina. De aí que se inclúa “Cara al sol” unha vez que se entra a visitar a páxina. O conxunto en xeral busca provocar impacto na primeira visualización e chamar a atención do visitante.
Na sección con material complementario inclúese tamén un politono que podan descargar os visitantes tamén para poder empregalos no seu ordenador.

O vídeo é a base principal do contido da web. Os vídeos son a principal ilustración da historia que se narra a través deles e do texto. Constitúen os elementos netamente orixinais que se aportan á páxina web e a diferencian e fan única.

En principio o contido da páxina está bastante cerrado coa historia que se conta nas seccions plantexadas dende o momento do seu deseño. Dende logo non é unha páxina orientada a unha labor de actualización diaria xa que o seu contido é unha historia completamente ficcionada independente da realidade.
Porén, na historia non está definido un final pechado. Na última sección deixase un final aberto a futuras actualizacións que implicarían unha modificación total da páxina. Requerirían un cambio na interfaz e unha rexeneración de toda a páxina para dar cabida ós progresos da mesma.

a única posibilidade de interacción do visitante mais alá da visualización dos vídeos é a de descargar as imxes e os tonos. Non és unha web pensada para a participación directa dos visitantes na medida en que a historia está determinada polos creadores da páxina.
Non se inclúe un enlace direto que sinale ós creadores da páxina para manter a sensación de confusión á que conduce o visionado da páxina.