A disposición dos elementos na páxina principal é resultado de buscar que o título da páxina resalte no conxunto da mesma. Arredor deste e cunha disposición semicircular están as fotografías dos diferentes enlaces ás seccións. A orde das mesmas resulta máis evidente pola inclusión dos títulos nos botóns de flash que se sitúan debaixo dos cadros. Pero o tratarse dun contido hipertextual tampouco se determina un xeito de navegación nin un orde determinado, de maneira que as seccións se poden consultar na orde desexada por cadaquén.
No pé de páxina sitúase o enlace para a sección de descargas xa que esta ten moita menos relevancia e non constitúe parte da historia, senón que mostra únicamente contido alternativo.
Na páxina principal plantéxanse varias capas para dar cabida ós diferentes elementos que a compoñen. Preséntase unha animación de flash sobre a imaxe de fondo e outra dunha imaxe para darlle maior dinamismo á páxina xa que esta podía resultar pouco atractiva na medida en que visualmente se plantexa todo o contido nun só vistazo.
A páxina tamén ten un son que se escoita cando se abre. A inclusión da canción “Cara al sol” está claramente orientada a construír unha ambientación xeral da website. Esta canción só soa unha vez e despois ofrécese a opción de volver a escoitala se se quere, pero non incluímos unha canción en bucle ou unha música constante porque se pode facer pesada.
A disposición dos elementos das diversas seccións responde á intención de que todo se poda ver nun só golpe de vista polo que se inclúe o texto e os vídeos de xeito que todo teña cabida na pantalla. Deste xeito tamén se favorece que nun primeiro momento lexamos o texto que nos vai a inducir a mirar os diferentes vídeos que se sitúan arredor do mesmo. En cada sección só se vai incluír a opción de ir cara a sección seguinte e a anterior seguindo o curso da historia a fin de orientar ó visitante. E simplificar o percorrido pola páxina.
A difusión desta páxina basearíase esencialmente na inclusión do enlace en diferentes fotologs de ou mesmo na súa inclusión nunha cadea de mails para dalo a coñecer. Outro método posible sería conseguir que se incluíra o link noutras páxinas de entretemento, xa que é un produto moi concreto e de visita puntual. O que funcionaría para algo destas características é o boca a boca virtual.
As diversas tarefas distribuíronse deste xeito:
A creación do guión foi conxunta entre todos os membros do grupo.
O tratamento de imaxes e a busca de materiais para a edición de video conxunta entre Iria Ares e Elena Albán.
A doblaxe é de Iván Fernández, ó igual que as animacións de Flash e a música da web.
O deseño de Dreamweaver tamén se fixo de xeito conxunto.
jueves 24 de enero de 2008
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
0 comentarios:
Publicar un comentario en la entrada